martes, 20 de marzo de 2012
Nos escribe... Desirée
Todo comezou un día, antes das vacacións de Nadal, no que o profe Lino me deu a noticia de que eu e mais Brayan, un neno de 3º, éramos os elixidos para representar a todo o instituto na conferencia estatal de xóvenes coidando o planeta que se celebraría en Santiago o sábado 14 de Xaneiro. Explicoume que se trataba dunha xuntanza de xóvenes na que participaríamos en talleres e falaríamos sobre os nosos proxectos para cambiar o mundo. Tamén me advertiu de que era unha gran responsabilidade pola miña parte para deixar ó instituto en bo lugar. Mais, aínda así, eu aceptei encantada. Estiven tódalas vacacións de Nadal traballando duro, xunto con Brayan, para que todo nos saíse perfecto na confint, e valeu a pena, xa que alí, en Santiago, despois de reunirnos tódolos institutos da Axenda 21 que participamos na confint, debatir sobre o tema e realizar talleres relacionados co medio ambiente, elixíronnos a nós, xunto con 17 nenos e nenas máis, para representar a Galicia na confint estatal de España, celebrada en Vitoria Gasteiz, no País Vasco, a capital Verde Europea 2012. E máis tarde, xa nos encontrabamos o meu compañeiro e máis eu, nunha mañá de frío, exactamente o 25 de Xaneiro, listos para subir ó autobús, deixar atrás Galicia e comezar a nosa aventura.Foi unha viaxe longa, de aproximadamente 12 horas, pero pasáronse moi agradablemente co maravilloso ambiente que montamos no autobús. Primeiro fomos rodeando toda Galicia para recoller aos nosos compañeiros da Coruña e de Lugo. E, tras unhas horas cantando, outras bailando, outras durmindo, xogando, traballando sobre o que fariamos, sacando fotos e parando a comer, finalmente chegamos a Burgos, onde paramos para visitar o Museo da Evolución Humana. En Burgos xa facía bastante frío, pero dímonos conta de que non era nada comparado co frío que facía cando chegamos ao Alberge de Barria, en Vitoria. ¡Estaba nevando! Ao chegar, situámonos na enorme habitación de galegos que tiñamos para todos nos enteiriña, con liteiras e moitos mobles. Instalámonos rápidamente e fumos cear. Alí, no gran comedor, atopábamos 101 xóvenes de diferentes puntos do estado (Canarias, Madrid, Cataluña, Pais Vasco…) e de diferentes lugares e culturas, montando un barullo incrible.
Despois da cea reunímonos todos nunca sala, e fixemos xogos de presentación, nos que cada comunidade cantaba unha canción típica de alí e explicaba os lugares máis coñecidos e as comidas máis típicas de cada lugar. Nós, por suposto, cantamos A CAROLINA, e gustoulles tanto a canción e o son das pandeiretas que polas noites reuníanse tódalas comunidades na nosa habitación para que lles cantásemos cancións en galego. Ademáis, esa noite houbera pique entre os madrileños e os cataláns polo empate do Barsa-Madrid do fútbol. Ao día seguinte comezou o derradeiro traballo; despois de espertarnos, ducharnos, vestirnos e desayunar, separámonos en diversos grupos e realizamos talleres e actividades relacionados coas diferentes formas de progresar na ecoloxía, expresando e intercambiando as nosas propias experiencias, debatindo sobre as 9 responsabilidades que nos chegaron doutros xóvenes de todo o mundo e todo isto levounos todo o día con un único descanso para comer e merendar. Xá pola noite, pasámolo xenial nunha pequena discoteca que nos prepararon os organizadores da confint, na que había música e wii. O día seguinte levantámonos temprano para trasladarnos ata a cidade de Vitoria para ir a falar coas autoridades Vascas, explicarlles os traballos que habíamos realizado, mostrarlles a nosa participación nos proxectos dos talleres de manifesto, ritmo, prensa, carteis, etc, dándolles a coñecer as nosas ilusións e impresións. E logo disto, fomos a comer e a visitar Vitoria-Gasteiz no que quedaba do día. Visitamos o museo da Natureza, Territorio e Paisaxe que rodeaba Vitoria, as capillas tan fermosas… E finalmente, á noite, voltamos ao Alberge, no que montamos unha festa rachada nesa última noite xuntos. Realmente, esa noite foi a mellor. Simplemente, non me acostei para durmir, nin os meus compañeiros tampouco, Ó día seguinte reunímonos todos de novo nunha gran sala para despedirnos e votar á persoa que queriamos que nos representase na conferencia Europea, que se celebrará en Bruselas do 14 ao 16 de Maio.
Pero, agora que rematou a confint, isto non se acabou de todo. Temos que seguir traballando nas nosas casas e nos nosos institutos para coidar do praneta.
De feito, o Sábado 11 de Febreiro, xuntámonos de novo en Santiago tódolos que fomos á Confint estatal, xunto cos 2 encargados que coidaron de nós durante a viaxe, para explicarlle ao Conselleiro de Medioambiente o que fixemos na confint.
Nunca olvidarei esta confint porque todo me ha encantado: coñecer tanta xente tan maravillosa, viaxar, coñecer outros lugares, outras culturas, aprender un cachiño de cada sitio, un pouquiño de catalán e de eusquera,de costumes...Aprender a pasar una noite enteira sen durmir, pero pasala a gusto e con momentos agradables. Traballar polo que realmente fixo que estivéramos ahí, os talleres, explicar diante da xente, facer tantas cousas, visitar os museos… En fin, todo!
Gustaríame moitísimo ir á confint de Bruselas, casi tanto como ir á confint mundial que se celebrará en Río de Janeiro, porque é unha marabillosa oportunidade de seguir traballando xunto con outros xóvenes para intercambiar ideas sobre o medio ambiente. A pesar de todo, eu paseino tan ben que para min xa é suficiente todo o que vivín a partir daquel día no que o profe Lino me deu a noticia de que era a elixida para emprender esta viaxe por un mundo mellor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario