sábado, 19 de enero de 2013
2º ESO TRABALLA A SÚA PAISAXE

Todo comezou a finais de novembro cando viñeron a asesorarnos e empuxarnos un poco para empezar este ambicioso proxecto interdisciplinar.
Este pasado luns día 14 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO A e C comezaron as tarefas de "campo" co noiro das pistas de deportes,

que está moi estragado e está a se derrubar. Primeiro os forestais encargados da poda e coidados da finca explicáronnos
o que tiñamos que facer. Cos restos da poda construímos unha contención que cubrimos co compost que almacenamos na parte baixa do centro (aparcadoiro do profesorado), estelas de madeira e terra.
Nas fotos pódese ver como trasladamos o compost e como facemos a cadea humana para levar a terra que estamos sacando contigua ao muro para dificultar así a entrada de estraños na nosa finca.
ALMUDENA


No hay comentarios:
Publicar un comentario